Amarok/Manual/AmarokWindow/ContextPane/gl: Difference between revisions

From KDE UserBase Wiki
(Importing a new version from external source)
(Importing a new version from external source)
Line 41: Line 41:
| <menuchoice>Vídeo</menuchoice> || Amosa varios vídeos de ''Youtube'' relacionados coa pista actual.
| <menuchoice>Vídeo</menuchoice> || Amosa varios vídeos de ''Youtube'' relacionados coa pista actual.
|-
|-
| <menuchoice>Tabs</menuchoice> || Fetches and displays guitar and bass tabs (if available). Not editable.
| <menuchoice>Tablaturas</menuchoice> || Descarga e amosa tablaturas para guitarra e baixo, de estar dispoñíbeis. Non poden modificarse.
|-
|-
| <menuchoice>Lyrics</menuchoice> ||  Displays the lyrics of the song that is currently playing. Add or change lyrics scripts in the [[Special:myLanguage/Amarok/Manual/ConfiguringAmarok#Scripts|Script Manager]].
| <menuchoice>Lyrics</menuchoice> ||  Displays the lyrics of the song that is currently playing. Add or change lyrics scripts in the [[Special:myLanguage/Amarok/Manual/ConfiguringAmarok#Scripts|Script Manager]].

Revision as of 05:54, 26 September 2012

Panel do contexto

O panel do contexto é un panel ao que se lle poden engadir varios trebellos que fornecen información e medios relacionados coa música actual. A maioría destes trebellos requiren dunha conexión a Internet para funcionar completamente, e os hai que descargar letras, información, fotos, vídeos, e mesmo tablaturas para baixo e guitarra.

Uso do panel

Panel do contexto coa pista actual, e os trebellos de letras e tablaturas.

Na imaxe anterior pode verse o panel do contexto, nun momento no que non se está a reproducir ningunha pista. Se o panel non está presente na súa xanela de Amarok, pode facelo visíbel mediante o menú Ver -> Contexto. O panel está dividido en dúas partes:

  • O propio panel do trebello, onde pode acceder a algúns dos trebellos, para editar as letras ou cambiar a configuración.
  • A parte inferior do panel, onde pode expandir e agochar trebellos e manipulalos. Para iso, prema o botón de «Configurar os trebellos» (a icona de ferramenta).
Configurar os trebellos

Unha vez prema na esquina inferior dereita do panel do contexto, este cambiará lixeiramente. Para cada lapela dun trebello aparecerá unha icona que poderá premer para quitar os trebellos, e aparecerá unha lista de trebellos dispoñíbeis. Para engadir un trebello novo, prema no trebello, e este aparecerá no panel, listo para empregalo. Para cambiar a orde na que se amosan os trebellos, arrastre as lapelas as unhas sobre as outras para reorganizalas.

Trebellos

File:ContextPane-gl.png
Panel do contexto en acción, amosando a letra e información da canción a reproducir.

Existen diversos trebellos que pode engadir ao panel do contexto. Están listados a continuación, xunto con unha descrición de cada un.

Trebello Descrición
Pista actual Información sobre a pista actual. Pode puntuala premendo nas estrelas, engadir un marcador de posición, ou cambiar os datos da pista.
Artistas similares Fornece unha lista de artistas similares ao que interpreta a pista actual, cunha descrición curta e opcións para atopalos na súa colección, ou en Last.fm, e engadilos á lista de reprodución actual.
Próximos acontecementos Amosa unha lista de acontecementos próximos nos que participará o artista ou grupo que interpreta a pista actual. Pode definir zonas concretas nas que buscar os acontecementos desde a lapela de «Lugares preferidos» da páxina de configuración do trebello.
Wikipedia Páxina da Wikipedia para a pista, o álbum ou o artista. Permite ademais premer noutras ligazóns da Wikipedia, e empregar o botón de «Volver» para regresar á páxina inicial.
Etiquetas Ver, engadir e editar etiquetas para a canción actual. Para engadir unha etiqueta abonda con escribila na caixa de texto e premer Intro. As etiquetas suxeridas son etiquetas creadas polos usuarios de Last.fm.
Vídeo Amosa varios vídeos de Youtube relacionados coa pista actual.
Tablaturas Descarga e amosa tablaturas para guitarra e baixo, de estar dispoñíbeis. Non poden modificarse.
Lyrics Displays the lyrics of the song that is currently playing. Add or change lyrics scripts in the Script Manager.
Albums View albums from the current artist or band that are available in your local Collection.
Photos This applet queries Flickr.com for pictures of the band you're listening to. Open the settings to add more keywords to your query (e.g.: live in tokyo).
Info Information about the current media source. Allows you to navigate through internet services such as Librivox.org.