Akregator
Akregator recolecta automaticamente novas de sitios web con fontes RSS ou Atom. |
Akregator axúdalle a manterse ao día respecto das novidades nos sitios web coma dot.kde.org ou blogues coma Identi.ca. A tecnoloxía utilizada é a RSS e moitos sitios a utilizan.
- Akregator forma parte da suite Kontact.
Funcionalidades
- Fácil de utilizar.
- Pode aceptar ducias de fontes.
- Pode notificarlle sobre as fontes que aínda non lese.
- Utiliza lingüetas para permitirlle ler as historias completamente dende o propio aplicativo.
- Conta cun arquivo de fontes.
- Pode importar e exportar fontes.
- Intégrase con Konqueror.
Uso xeral
Dado que Akregator pode comprobar calquera fonte RSS ou Atom que exista, o primeiro que necesita é buscar unha fonte para seguila a través de Akregator. Probablemente descubrirá que é máis doado do que pensara. Comprobe as súas páxinas preferidas para ver se conteñen ligazóns a fontes de novas RSS ou Atom. A meirande parte dos sitios con novas de algún tipo utilizan algunha.
Cando teña o URL para unha fonte de novas, conseguir que Akregator a siga é doado. Abonda con escoller «Engadir unha fonte de novas» dende o menú de fontes de novas, ou utilizar o seu atallo predeterminado, Inserir.
Despois escolla un intervalo de actualización, é dicir, con que frecuencia quere que Akregator comprobe se hai novas nas fontes ás que está subscrito. Pode configuralo de maneira global (para todas as fontes) e ademais ter valores individuais para algunhas (ou todas) as fontes de novas.
Akregator pode almacenar e arquivar os contidos das fontes de novas ás que se subscriba tanto tempo como vostede queira. Para isto tamén se pode configurar un valor global (
) e valores individuais para cada unha das fontes de novas, o cal pode facerse premendo co botón dereito do rato nunha fonte, logo en «Editar a fonte de novas» e a continuación indo á lingüeta de «Arquivo».Pode que lle interese importar fontes de novas dende outro navegador o a partir dunha copia de seguridade. Para importar fontes de novas, abonda con premer en OPML (ligazón en inglés) ─baseado en XML─, un formato habitual para intercambiar fontes de novas entre varios lectores de fontes de novas compatibles. Para exportar as fontes de novas ás que se está subscrito, o procedemento é o mesmo que o anterior, salvo porque en vez de premer en terá que premer en .
e buscar o ficheiro coa información das fontes. Trátase dun ficheiroPara facer uso da integración co Konqueror, pode instalar o complemento “konqueror-plugin-akregator”, que permite engadir fontes de novas interesantes que atope mentres navegue pola web a Akregator, simplemente con premer nelas.