Panel do contexto de Amarok
Panel do contexto
O panel do contexto é un panel ao que se lle poden engadir varios trebellos que fornecen información e medios relacionados coa música actual. A maioría destes trebellos requiren dunha conexión a Internet para funcionar completamente, e os hai que descargar letras, información, fotos, vídeos, e mesmo tablaturas para baixo e guitarra.
Uso do panel
![](/images.userbase/thumb/e/e2/ContextPaneStopped-gl.png/250px-ContextPaneStopped-gl.png)
Na imaxe anterior pode verse o panel do contexto, nun momento no que non se está a reproducir ningunha pista. Se o panel non está presente na súa xanela de Amarok, pode facelo visíbel mediante o menú
. O panel está dividido en dúas partes:- O propio panel do trebello, onde pode acceder a algúns dos trebellos, para editar as letras ou cambiar a configuración.
- A parte inferior do panel, onde pode expandir e agochar trebellos e manipulalos. Para iso, prema o botón de «Configurar os trebellos» (a icona de ferramenta).
Configurar os trebellos
![](/images.userbase/thumb/e/e7/Amarok2.6AppletBrowser-gl.png/500px-Amarok2.6AppletBrowser-gl.png)
Unha vez prema na esquina inferior dereita do panel do contexto, este cambiará lixeiramente. Para cada lapela dun trebello aparecerá unha icona
que poderá premer para quitar os trebellos, e aparecerá unha lista de trebellos dispoñíbeis. Para engadir un trebello novo, prema no trebello, e este aparecerá no panel, listo para empregalo. Para cambiar a orde na que se amosan os trebellos, arrastre as lapelas as unhas sobre as outras para reorganizalas.
Trebellos
Existen diversos trebellos que pode engadir ao panel do contexto. Están listados a continuación, xunto con unha descrición de cada un.
Trebello | Descrición |
Información sobre a pista actual. Pode puntuala premendo nas estrelas, engadir un marcador de posición, ou cambiar os datos da pista. | |
Fornece unha lista de artistas similares ao que interpreta a pista actual, cunha descrición curta e opcións para atopalos na súa colección, ou en Last.fm, e engadilos á lista de reprodución actual. | |
Amosa unha lista de acontecementos próximos nos que participará o artista ou grupo que interpreta a pista actual. Pode definir zonas concretas nas que buscar os acontecementos desde a lapela de «Lugares preferidos» da páxina de configuración do trebello. | |
Páxina da Wikipedia para a pista, o álbum ou o artista. Permite ademais premer noutras ligazóns da Wikipedia, e empregar o botón de «Volver» para regresar á páxina inicial. | |
Ver, engadir e editar etiquetas para a canción actual. Para engadir unha etiqueta abonda con escribila na caixa de texto e premer Intro. As etiquetas suxeridas son etiquetas creadas polos usuarios de Last.fm. | |
Amosa varios vídeos de Youtube relacionados coa pista actual. | |
Descarga e amosa tablaturas para guitarra e baixo, de estar dispoñíbeis. Non poden modificarse. | |
Amosa a letra da canción actual. Engada ou modifique os scripts para descargar as letras desde o Xestor de scripts. | |
Ver álbums do artista ou grupo que interpreta a pista actual, e que estean dispoñíbeis na súa colección. | |
Este trebello busca en Flickr.com imaxes relacionadas co artista ou grupo que interpreta a pista actual. Acceda á páxina de configuración do trebello para engadir palabras clave adicionais á busca, como por exemplo «concerto en Galicia». | |
Información sobre a fonte de medios actual. Permite explorar servizos de Internet tales como Librivox.org. |