Glosario de Amarok

From KDE UserBase Wiki
Revision as of 10:29, 24 April 2013 by Gallaecio (talk | contribs)

Glosario

Ronsel

Trátase dun modo de navegación para as estruturas de ficheiros xerárquicas. No Amarok está na parte superior do panel de orixes de medios, e amosa os directorios intermedios entre o directorio base e aquel no que se está, ambos incluídos. Pódese ver a lista de directorios que contén un directorio da lista premendo no > que ten á dereita. As “migallas” son un mecanismo eficiente para navegar por todos os directorios do sistema.

Colección

Todos os ficheiros de son que Amarok recompilou na base de datos. A colección pode variar en tamaño e contido dependendo dos dispositivos externos (como discos de música ou reprodutores) conectados e montados no computador.

Explorador de contidos

Esta é a parte central do panel de orixes de medios, e permítelle listar a música da súa colección. O navegador de contidos permítelle escoller o criterio segundo o cal se ordenarán os ficheiros da lista, así como os detalles sobre estes que se van amosar.

Lista de reprodución

Unha selección de ficheiros da colección que quere que se reproduzan. Algúns reprodutores de música teñen listas de reprodución predefinidas que probablemente serán distintas das de Amarok.

Guión

Complemento do Amarok para aumentar a súa funcionalidade. Pódese acceder aos guións dende Configuración -> Configurar o Amarok (Ferramentas -> Xestor de guións para versións anteriores á 2.4.1). Pode engadir máis fontes de letras, estacións de fluxo, gardar as portadas dos álbums nos seus cartafoles, crear discos a partir de listas de reprodución, etc.

Enviar escoitas

Enviar escoitar consiste en enviar a información sobre o que se está a escoitar a un sitio web como Last.fm, onde dita información se engade ao perfil do usuario.

Fluxos

As radios de Internet envían “fluxos” de contido. Estes fluxos poden conter música, noticias, comentarios, opinións, etc. Moitos fluxos poden reproducirse dende o Amarok, ben mediante guións como «Cool Streams», ou de xeito individual engadíndoos dende o menú Lista de reprodución -> Engadir un fluxo.

Etiquetas

Información sobre cada ficheiro de música, como pode ser o nome do álbum, o título da canción, o nome do intérprete, etc. Existe un estándar para a inclusión desta información nos discos de música, «ID3». Pode modificar as etiquetas unha por unha dende o Amarok se ten permisos de escritura sobre os ficheiros.