Asking Questions/gl: Difference between revisions

    From KDE UserBase Wiki
    No edit summary
    (Updating to match new version of source page)
    Line 32: Line 32:
    O software de KDE está en continuo e activo desenvolvemento, e hai cambios cada dous por tres. Que non lle estrañe se non atopa a información escrita que busca. Pregunte no IRC, no foro ou nas listas de correo, e cando obteña a súa resposta, rexistre unha conta neste wiki e engada a información á paxina correspondente. Estará aprendendo cousas novas do seu sistema, e axudando a outros ao mesmo tempo {{smiley}}
    O software de KDE está en continuo e activo desenvolvemento, e hai cambios cada dous por tres. Que non lle estrañe se non atopa a información escrita que busca. Pregunte no IRC, no foro ou nas listas de correo, e cando obteña a súa resposta, rexistre unha conta neste wiki e engada a información á paxina correspondente. Estará aprendendo cousas novas do seu sistema, e axudando a outros ao mesmo tempo {{smiley}}


    == O foro ==
    == The Forums ==


    Outro bo sitio para buscar axuda son os [http://forum.kde.org/ foros da comunidade]. Á hora de enfrontarse a un problema, buscar nos foros debería ser un dos primeiros pasos, xa que pode ocorrer que a súa pregunta xa se plantexase con anterioridade. En caso contrario, inicie un tema de conversa. Non espere unha resposta inmediata, pero non esqueza volver con regularidade para participar na conversa a medida que esta se desenvolve. Lembre que os foros os leva xente coma vostede.  
    Outro bo sitio para buscar axuda son os [http://forum.kde.org/ foros da comunidade]. Á hora de enfrontarse a un problema, buscar nos foros debería ser un dos primeiros pasos, xa que pode ocorrer que a súa pregunta xa se plantexase con anterioridade. En caso contrario, inicie un tema de conversa. Non espere unha resposta inmediata, pero non esqueza volver con regularidade para participar na conversa a medida que esta se desenvolve. Lembre que os foros os leva xente coma vostede.  
    Line 81: Line 81:
    * Distinga claramente os feitos das especulacións, e limítese a describir os primeiros. De tratarse dun problema de deseño, cómpre que engada un esbozo.
    * Distinga claramente os feitos das especulacións, e limítese a describir os primeiros. De tratarse dun problema de deseño, cómpre que engada un esbozo.


    Se está a probar as pólas principal (''trunk'') ou de probas (''beta''), se seguiu usando a súa configuración previa, cómpre que probe a reproducir o erro cun usuario novo ou cambiando o valor de $KDEHOME (e reiniciando a súa sesión). Non destrúa a súa $KDEHOME actual, xa que pode que teña que comparar os ficheiros actuais cos novos, e ademais perdería as súas preferencias!
    If you are testing trunk or the beta, if you kept your precedent settings, sometimes you will want to check with a new user.


    Teña en conta ademais que os [http://forums.kde.org foros] teñen unha [http://forum.kde.org/viewforum.php?f=201 sección para versións de proba].
    Teña en conta ademais que os [http://forums.kde.org foros] teñen unha [http://forum.kde.org/viewforum.php?f=201 sección para versións de proba].

    Revision as of 06:00, 14 November 2017

    Conseguir axuda por IRC

    A continuación lístanse algúns consellos que debería seguir á hora de preguntar dúbidas —especialmente na canle #kde de Freenode (en inglés), ou #kde-gl se lle custa comunicarse na lingua de Shakespeare—, cos que resultará máis doado que consiga unha resposta:

    • Non preguntes se podes preguntar, pregunta e punto: as canles #kde e #kde-gl de irc.freenode.net son canles de axuda para os usuarios, de quen se espera que pregunten, así que adiante!
    • Recompile todos os detalles relevantes do seu sistema que poida atopar. É probábel que lle pregunten:
      • Que distribución está a usar, e que versión. Por exemplo: «Kubuntu 12.1».
      • Que versión da colección de software de KDE está a empregar. Se non o sabe, abra Konsole, escriba kde4-config --kde-version e prema Intro.
      • O método de instalación que empregou. A resposta será xeralmente «os repositorios da súa distribución».

    Probablemente non terá que fornecer toda esta información desde o primeiro momento, pero cómpre tela a man, ou polo menos saber como atopala rápido.

    • Intente solucionar vostede o problema antes de preguntar: xeralmente atopará información útil tan só con consultar a mensaxe de erro nun buscador web. Bote unha ollada á páxina de solución de problemas antes de preguntar en #kde ou #kde-gl, xa que contén a información que probablemente lle fornecerán outros usuarios nesas canles.
    • Intente asegurarse de que o seu problema é un problema de KDE e non doutro compoñente do sistema (por exemplo, un problema coas X ou con ALSA). A ser posíbel, probe un aplicativo alternativo que non forme parte da colección de software de KDE, e comprobe que o problema non lle afecta a el tamén. Por suposto, se non o ten claro, pregunte.
    • Use o foro. Probe a preguntar as súas dúbidas no foro de KDE (en inglés). Se as discusións dan lugar a información de interese, pense en engadila a este wiki, para que poida serlles de axudar a outros.
    • Prepárese para a espera! O normal no IRC é que a xente lea a súa pregunta tempo despois de que a formule, así que non se impaciente e agarde un pouco despois de facer a pregunta. Non hai nada máis irritante que estar tecleando unha longa resposta para alguén, e descubrir que esa persoa marchou da canle tres minutos despois de preguntar! Poderían pasar horas desde que fagas a pregunta ata que alguén coa resposta se conecte (non esqueza que KDE é unha comunidade internacional) así que ás veces non lle quedará outra que repetir a pregunta noutro momento do día.
    • Se non lle contestan en #kde ou #kde-gl, pode probar tamén as respectivas canles da súa distribución (por exemplo, #suse, #kde-freebsd, etc.), unha lista de correo axeitada ou os foros.
    • Sobre todo, sexa paciente e respectuoso. Non esqueza que a xente que lle está a axudar faino de maneira voluntaria, e que non teñen por que empregar o seu tempo en axudarlle.

    Se o seu problema está relacionado co son en KDE, o primeiro que debería facer é consultar a páxina de problemas de son.

    Se a pregunta está relacionada con temas de desenvolvemento, lea a páxina de KDE TechBase sobre como contribuír.

    O software de KDE está en continuo e activo desenvolvemento, e hai cambios cada dous por tres. Que non lle estrañe se non atopa a información escrita que busca. Pregunte no IRC, no foro ou nas listas de correo, e cando obteña a súa resposta, rexistre unha conta neste wiki e engada a información á paxina correspondente. Estará aprendendo cousas novas do seu sistema, e axudando a outros ao mesmo tempo

    The Forums

    Outro bo sitio para buscar axuda son os foros da comunidade. Á hora de enfrontarse a un problema, buscar nos foros debería ser un dos primeiros pasos, xa que pode ocorrer que a súa pregunta xa se plantexase con anterioridade. En caso contrario, inicie un tema de conversa. Non espere unha resposta inmediata, pero non esqueza volver con regularidade para participar na conversa a medida que esta se desenvolve. Lembre que os foros os leva xente coma vostede.

    O foro de KDE conta cun asistente de publicación que lle axudará a publicar a súa pregunta na categoría axeitada, aumentando así as probabilidades de que a vexan as persoas que poden coñecer a resposta. Pode inicialo premendo o botón «New Post» da páxina principal do foro. Ante calquera dúbida, empregue o asistente.

    Antes de publicar nada, empregue a funcionalidade de busca do foro para intentar atopar un fío no que xa se respondese a súa pregunta ou se fornecesen pistas que o axuden a resolver o seu problema. Se non atopa nada que lle axude, publique a súa pregunta. Para facer unha busca, escriba o que queira buscar na caixa da parte superior dereita que atopará en calquera páxina do foro. Para buscas avanzadas, prema a ligazón «Search» baixo «KDE Community Forums».

    Se recibes unha resposta axeitada á túa pregunta, marca o fío como resolto («solved»). Non require ningún esforzo, e resulta moi útil para outros usuarios e para o equipo do foro. Para marcar un fío como resolto, escolle a mensaxe que mellor responde á pregunta, e preme a marca verde na parte inferior da mensaxe. Ao volver ao fio, a marca verde aparecerá tamén canda o título.


    A maior parte das distribucións teñen foros de seu. Debería botar un ollo tamén neles. Dende o sitio web da súa distribución debería poder acceder aos seus foros.

    Preguntas específicas do sistema operativo

    Pode probar os métodos anteriores cando as súas preguntas sexan relativas ao escritorio e os aplicativos da colección de software de KDE nun sistema operativo concreto, pero a menos que a pregunta estea directamente ligada á colección de software de KDE, o máis probábel é que non atope a solución. Se a súa pregunta non está directamente relacionada co software de KDE, non empregue as listas de correo de KDE. Por exemplo, unha pregunta que non ten que ver con KDE podería ser «non me funciona a tarxeta de son». En casos coma ese, empregue os sistemas de axuda do seu sistema operativo concreto. Por exemplo, se as preguntas son relativas a GNU/Linux, existen sitios de axuda coma www.linuxnewbie.org ou www.linuxnewbie.com, ou a lista de correo kde-linux (todo en inglés).

    Se non emprega GNU/Linux, pode probar a lista de correo kde-nonlinux (subscribirse). Tamén pode resultarlle útil empregar un motor de busca (por exemplo, Google) e buscar en arquivos de Usenet.

    Ademais, moitos distribuidores de sistemas operativos contan con algunha lista de correo de seu na que se poden facer preguntas específicas dunha distribución. Para máis información, consulte o sitio web da súa distribución, or atópeas co motor de busca do seu navegador web.

    Se o que busca son paquetes de software, debería dirixirse de novo ao sitio web da súa distribución. Cando sexa posíbel, instale os paquetes oficiais da súa distro empregando o xestor de paquetes correspondente.

    Informar de erros

    Informar de erros é unha forma fácil de colaborar con KDE, e existe un sitio web no que informar de erros e solicitar novas funcionalidades para o software de KDE: bugs.kde.org. O único que se necesita é ter un nivel básico de inglés. De ser o seu caso, só terá que seguir unha serie de directrices para entregar informes de erro útiles e axudar así a todos os usuarios do software de KDE, empezando por vostede.

    O primeiro que necesitará será abrir unha conta no sitio web. Poderá facelo dende aquí. Unha vez validada a súa conta, poderá comezar a informar.

    Xeralmente son dúas as situacións nas que se informa dun erro:

    • Nota que algo non está funcionando, funciona mal, está mal deseñado, carece de algunha funcionalidade, etc. En tal caso, desde o aplicativo correspondente, vaia ao menú Axuda -> Informar dun fallo…. Será entón dirixido a bugs.kde.org. Algunha información recollerase de maneira automática, coma por exemplo a versión do aplicativo en cuestión.
    • O seu programa desaparece e a continuación aparece outra xanela, o Xestos de quebras de KDE. Non se asuste! Daránselle indicacións para informar da quebra facilmente. A ligazón do diálogo que reza «Aprenda máis sobre como informar de erros» levaralle a unha páxina na que se lle explicará o proceso. Se decide informar do problema, prema Informar do erro e o asistente guiaralle a través dos pasos necesarios. Para informar dunha quebra necesitará instalar os paquetes de depuración (debug) da súa distribución, que fornecen ao xestor de quebras información útil do seu problema, coa que os desenvolvedores poden saber o que levou ao programa a quebrar no seu caso.

    Á hora de escribir informes de erros, cómpre que teña en conta os seguintes consellos:

    • Redácteos en inglés. Se necesita facer referencia a textos da interface, lebre que todos os aplicativos de KDE poden cambiarse de lingua mediante desde Axuda -> Mudar o idioma do programa…, así que acceda a dito menú e escolla «Inglés americano» como idioma primario. A continuación, reinicie o aplicativo. Dese xeito resultaralle máis fácil explicar o problema.
    • Sexa específico. Redacte un único informe por erro! Non mesture problemas distintos nun mesmo informe.
    • Sexa claro. Explique os pasos necesarios para reproducir o problema, de xeito que outros usuarios e en especial desenvolvedores poidan seguilos para confirmar o problema e poder solucionalo.
    • Inclúa capturas de pantalla. “Unha imaxe vale máis que mil palabras”. Pode empregar KSnapshot para as capturas. Ademais, non cargue as imaxes en sitios web externos para logo ligalas dende o informe se eses sitios poden borrar as imaxes co tempo, empregue a ligazón Attachments para anexar as imaxes directamente ao informe.
    • Inclúa o trazado inverso (backtrace) no informe coma un comentario, dese xeito será máis doado atopar informes duplicados (non anexe o trazado como un ficheiro de texto).
    • Distinga claramente os feitos das especulacións, e limítese a describir os primeiros. De tratarse dun problema de deseño, cómpre que engada un esbozo.

    If you are testing trunk or the beta, if you kept your precedent settings, sometimes you will want to check with a new user.

    Teña en conta ademais que os foros teñen unha sección para versións de proba.

    Existe unha boa guía sobre como informar de erros aquí (en inglés) que quizais lle interese ler.


    Como abrir un terminal

    Ao informar dun problema nunha canle de IRC ou unha lista de correo, as persoas que lle axuden pediranlle en numerosas ocasións que abra un terminal. Un terminal é una xanela de texto na que pode escribir ordes para que o computador as execute. Para abrir un terminal, prema Alt+F2 (abrirá KRunner), e escriba o seguinte:

    konsole

    Se non funciona, ao mellor é que non o ten instalado. Nese caso, volva a abrir o KRunner e escriba:

    xterm


    Volver a Obter axuda